A historia de Martín
Fecha:
Lugar: Praza da Constitución — Praza da Constitución - San Cibrao das Viñas - Ourense, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

Martín, o neno protagonista, é coñecido por ser un burro. É a etiqueta que lle puxeron dende ben pequeno. Tanto o repetiron, que acabou por crelo. No colexio, os seus compañeiros non deixan de mofarse de él, a súa profe sempre lle está a rifar e nas clases abúrrese moitísimo... Pero un día atopará un lápis máxico que cambiará a súa vida para sempre. Un conto onde aprendemos o valor da confianza nun mesmo. Nun mundo onde, con esforzo e ilusión, podemos lograr todo o que nos propoñamos. FI