Café da Memoria: As mozas do cable

Fecha:

Lugar: Museo do Pobo Galego — Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela - A Coruña, Galicia, Spain

Categoría: Escenicas

Café da Memoria: As mozas do cable

O vindeiro Café da Memoria estará dedicado ás telefonistas galegas das décadas dos 60 e 70, protagonistas dun traballo esencial, mais frecuentemente invisibilizado. Nun contexto no que a Compañía Telefónica Nacional de España monopolizaba o sistema de telecomunicacións, milleiros de mulleres desenvolveron o seu labor en estacións telefónicas locais e centraliñas manuais, especialmente no rural, conectando chamadas nun tempo no que a automatización aínda non chegara plenamente ao territorio.

Ver detalles y comprar entradas en Qplann