Carapuchiña e os cinco lobiños
Fecha:
Lugar: Casa da Cultura — Casa da Cultura - Palas de Rei - Lugo, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

Carapuchiña e os cinco lobiños é un espectáculo de narración oral e música onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. A combinación da narración de Ángeles Goás e a música de Cristina Castro crea un ambiente no que os máis pequechos e pequechas da casa estarán entretidas e gozarán coa familia. Espectáculo - Contacontos/Narración oral