Con lingua propia
Fecha:
Lugar: Instalacións culturais e deportivas do Conco — Instalacións culturais e deportivas do Conco - Dumbría - A Coruña, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia. Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción! Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. Espectáculo - Novo circo https://www.cultura.gal/