Din de min
Fecha:
Lugar: Feira do Trece. Sedes — Feira do Trece. Sedes - Narón - A Coruña, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que representa a riqueza cultural que ten Galiza. A agrupación folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible por tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras. A maior parte dos temas que interpretan están compostos por eles mesmos e combínano con xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos do repertorio tradicional. Concerto https://www.cultura.gal/gl/evento/12659