Festa do Polbo
Fecha:
Lugar: Varios espazos — Varios espazos - O Carballiño - Ourense, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

Un produto rei da cociña atlántica, procedente do mar, ten o seu feudo no Carballiño, a 80 quilómetros da costa. A orixe desta contradición está en que era o pagamento en especie que se facía na Idade Media ás ordes monásticas de Oseira pola explotación das súas posesións portuarias nas Rías Baixas. As xentes do Carballiño, en concreto as das parroquias de San Xoán de Arcos e de Santa María de Arcos, propiedades tamén do mosteiro de Oseira, eran as encargadas do seu transporte, preparación e ven