Festas Patronais na honra de San Roque
Fecha:
Lugar: varios espazos — varios espazos - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

O día máis esperado das festas de Vilagarcía de Arousa é o 16, festividade de San Roque, data na que conflúen dous dos máis soados actos: a procesión do santo, de tradición secular, e a Festa da Auga, nacida nos anos 80 de forma espontánea e xa con recoñecemento institucional. Deste xeito, a programación do día comeza coa misa solemne e a multitudinaria procesión do Santo, que, lonxe do recollemento que adoita caracterizar estes actos, aquí ten unha compoñente moi festiva, pois o percorrido se f