Gandaina
Fecha:
Lugar: Alameda de Raxoi — Alameda de Raxoi - Pontedeume - A Coruña, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

Un home que xoga como un neno atrapado nos medos dun adulto, unha muller que fai o imposible por ser fiel á nena que leva dentro e un terceiro que non dubida en mostrar o seu neno para chegar aos non tan nenos. Tres pallasos, tres exóticas cores en busca de si mesmas coa intención de partillar a súa arte, inxenio e tenrura. Gandaina é un espectáculo de rua para todas as idades que combina teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e moita moita improvisación. Espectáculo - Novo circo