Os Barrios
Fecha:
Lugar: Vilar de Donas — Vilar de Donas - Palas de Rei - Lugo, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

O grupo de gaitas Os Barrios é unha formación musical fundada en 1894 por José Argiz na parroquia de Muradelle, Chantada. É considerada a banda de gaitas máis antiga de Galicia en activo. Ao longo da súa historia mantiveron viva a tradición musical galega, participando en numerosas foliadas, romarías e eventos culturais. Grazas a súa extensa traxectoria, conta cun amplo repertorio propio. Concerto - Raíz/folk https://www.cultura.gal/gl/evento/126492/7/155124