Sen Patrón
Fecha:
Lugar: Exterior piscina municipal — Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña, Galicia, Spain
Categoría: Escenicas

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Espectáculo - Novo circo https://www.cultura.gal/gl/evento/126621/13/155256